Contra a discriminación, os delitos de odio e a islamofobia

Recoñecer a magnitude e a índole do problema é o primeiro paso para resolvelo.

Bulos e desinformación

A maioría dos bulos que circulan polas redes teñen como protagonistas a persoas migrantes, refuxiadas e minorías relixiosas.

Que non che mintan

A islamofobia dinos máis sobre a identidade e a ideoloxía de quen comete a acción (individuos, grupos, institucións) que sobre o islam ou as persoas musulmás.

Actúa de forma xusta e independente

Quen crea e propaga estes contidos faino có único propósito de presentar a unha minoria como o inimigo da sociedade. Infórmate.

trabajo

Qué é a Islamofobia?

A islamofobia son os prexuízos e o odio cara as persoas musulmás que conduce á provocación, a hostilidade e a intolerancia mediante ameazas, acoso, abuso, incitación e intimidación de musulmáns e non musulmáns, tanto no mundo en liña como fóra dela. 

O racismo antimusulmán funciona de maneira similar a outras formas de racismo: utilízase para excluír ás persoas musulmás dos beneficios e dereitos dos cales goza a cidadanía non musulmá. Alguén musulmán ou lido como tal é considerado “o outro”, un elemento alleo, feito que pode levar a vulneracións dos seus dereitos fundamentais.

O racismo antimusulmán fomenta o odio entre diferentes grupos da cidadanía e pon en perigo a cohesión social e os principios básicos da democracia.

Leva a túa aula os nosos talleres

¿Cómo combatir a islamofobia e o odio entre a mocidade?

Utiliza estes recursos para os teus proxectos na aula

Tanto se es vítima como testemuña, DENUNCIA.

Día Internacional da Loita contra a Islamofobia 15 de marzo

foto-gente-islam-manifestaciones-5
comunicación

Os delitos de odio medraron un 21 % no 2023

As redes sociais son o territorio onde máis medra a islamofobia. Un 70% dos casos de islamofobia danse no ciberespazo.

A plataforma cidadá contra a islamofobia (PCCI) identificou que un tipo concreto de ataque a través de redes sociais, son os ataques de odio coordinados (AOC), que son cada vez máis comúns. Un ataque de odio coordinado dáse cando unha persoa recibe nun período moi curto de tempo (horas ou poucos días) decenas ou centos de comentarios de odio. 

As mensaxes islamófobas adoitan ir da man de expresións racistas, sexistas, e xenófobos. Estes ataques poden desencadearse a partir de calquera noticia  nun medio dixital que permite comentar nunha contorna non moderada. A persoa identificada convértese en vítima e o contido de odio a partir de aí migra a outros medios dixitais como redes sociais ou foros.

contacto

Tes dúbidas ou queres colaborar?

Traballamos cada día para mellorar a vida de miles de persoas. Xuntos podemos marcar a diferenza.

Contáctanos

+34 881 889 335

Solicita máis información

Cubrindo o seguinte formulario podes solicitar rapidamente información sobre as nosas actividades e proxectos que levamos a cabo.